CRTVG

Buscar

Monte Branco, en Camariñas, sostén unha das dunas rampantes máis altas de Europa

Publicado o 23/09/2019 16:17

Esta paisaxe chega a emocionar: a enseada do Trece, en Camariñas, tumba de naúfragos, vixiada por unha das marabillas naturais do país, monte Branco, onde se derrama unha gran duna rampante.

As dunas rampantes son estas dunas que ao longo do tempo van acumulando area en medio das pedras e estamos falando dunha das dunas rampantes máis altas de Europa, de máis de 150 metros.

Nesta zona subsiste a maior colonia de caramiñas do norte da Península, unha planta en perigo de extinción que dá nome a vila. É só unha mostra da riqueza natural desta sensible zona de alto valor ecolóxico.

Vemos que cada ano está perdendo máis area. Non sabemos moi ben. Problemente polo cambio do vento, non sabemos se estará influído polo cambio climático, pero si está tendo unha perda considerable de area.

Como o cabo Vilán este é un espazo natural protexido integrado na Rede Natura. O éxito da ruta dos Faros, que atravesa ese espazo, pode estar a impactar negativamente no sistema dunar. Realmente quen aguanta as dunas é unha planta que se chama carriza que é a columna vertebral, se desaparece esa planta de andar pisando por encima desaparece a duna.

E as dunas caen como un castelo de naipes que non resisten o vento e mar incesante da incrible enseada do Trece.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019