CRTVG

Buscar

Mondoñedo recupera edificacións para fomentar o alugueiro e dinamizar o comercio

Publicado o 20/01/2020 15:09

Revitalizar a vila fomentando o alugueiro de vivendas a mozos e promovendo axudas para favorecer a actividade económica. Son os piares sobre os que traballa o concello de Mondoñedo, o primeiro de Galicia en acollerse ás axudas do plan Rexurbe. As claves son rehabilitar e dinamizar.

No proxecto identificaron xa 92 inmobles en mal estado que se poderían recuperar, unha iniciativa ben acollida entre os veciños.

Crear espazos para os artistas ou servizos para as persoas maiores son outros dos posibles usos que propoñen para as edificacións en desuso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020