Moncloa impugnará as resolucións do Parlament que chaman á desobediencia
O debate de política xeral que se celebraba no Parlament rematou cunha enorme lea entre os deputados. En canto se soubo que o xuíz enviaba a prisión os sete membros dos CDR, a CUP pediu a suspensión do pleno para que se reunise de urxencia a Xunta de Voceiros. Roger Torrent negouse e os dos da CUP abandonaron o hemiciclo. Os momentos máis tensos comezaron cando pasou isto.
Este apoio aos activistas encarcerados provocou a reacción irada do líder de Ciudadanos.
Mentras Torrent chamaba á orde a Carrizosa, o socialista Miquel Iceta trataba de mediar. Xa concluido o pleno, o líder de Esquerra, Ernest Maragall encarábase con Carrizosa. Torrent acabou expulsando ao líder de Ciudadanos e todo o seu grupo abandonou o hemiciclo.
Foi un dos plenos máis broncos dos últimos anos, que aprobaba, con 69 votos a favor e 25 en contra, unha proposta da CUP que lexitima a desobediencia civil e institucional como instrumento en defensa daqueles dereitos civís, políticos e sociais que poidan ser lesionados. Tamén se aprobou unha resolución que reivindica o 1 de outubro como un referendo lexítimo e legal e outra que pide a retirada da Garda Civil de Cataluña.
A última hora do día, Moncloa emitía un comunicado no que anunciaba que estuda o contido das iniciativas aprobadas no Parlament para impugnar ou actuar xuridicamente contra elas.
MentrEs, nas rúas de Cataluña, concentracións multitudinarias en Barcelona, Sabadell, Tarragona ou Xirona para protestar contra o encarceramento provisional dos CDR.