CRTVG

Buscar

Moncloa confirma que Yolanda Díaz será ministra no Executivo de Sánchez

Publicado o 09/01/2020 11:37
Moncloa confirma que Yolanda Díaz será ministra no Executivo de Sánchez

Moncloa confirmou este xoves que Pablo Iglesias ocupará no Goberno de Pedro Sánchez unha vicepresidencia de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e que, como xa transcendera, haberá outros catro ministros de Unidas Podemos, entre elas, Yolanda Díaz, que ocupará a carteira de Traballo.

Segundo fontes de Moncloa, no novo Executivo Irene Montero será ministra de Igualdade; Manuel Castells, de Universidades; e Alberto Garzón, de Consumo.

É a primeira confirmación oficial da composición e estrutura do novo Executivo da que, segundo a Presidencia do Goberno, seguirán avanzando máis datos nos próximos días.