CRTVG

Buscar

Moncho Fernández: "Temos que ser moi fortes mentalmente"

Publicado o 18/10/2019 16:48

Mañá hai partido grande na caldeira de Sar. O Obradoiro recibe un R. Madrid que xa non está invicto. Os de Pablo Laso perderon onte pola noite en Kaunas. É a súa primeira derrota no que vai de temporada. Gañou o Zalguiris por cun claro 86 a 73. 15.000 almas arrouparon os lituanos cara ao triunfo.

Moncho Fernández advirte dos perigos deste Madrid e da necesidade de ser fortes mentalmente para seguir agarrados ao partido para chegar ao final con opcións.

Noticias web

18/10/2019