CRTVG

Buscar

Moncho Fernández sae na defensa dos seus xogadores malia as cinco derrotas seguidas

Publicado o 08/05/2019 14:18

O Obradoiro suma cinco derrotas seguidas na ACB. Non garantiu aínda a permanencia. Pero o adestrador, Moncho Fernández, sae na defensa dos seus xogadores.

"Ti sabes facer algo, e falo a gran nivel, e dúas semanas despois non o fas, non é porque te esqueceras, é porque te bloquean os nervios ou o exceso de ansiedade. Aí é onde temos que ir. Estes xogadores xogaron moi ben e fixeron moi boas cousas durante moito tempo, e iso é o que lles temos que lembrar, que son quen de facelo, que xa o fixeron, que non é nada novo. E por iso estou tranquilo".

Noticias web

08/05/2019