CRTVG

Buscar

Momentos duros para as familias dos mozos desaparecidos nas augas de Portosín

Publicado o 17/07/2020 14:38

Segue a busca dos dous mozos que hai once días despareceron nas augas de Portosin cando saíran nun kaiak.

As familias de Javier e Miguel seguen polo miúdo e sen descanso os labores de busca confiadas en que a mellora das condicións do mar faga posible dar cos seus corpos.

O pai de Javier dixo sentirse emocionado pola solidariedade mostrada por todos os homes do mar.

A busca intensifícase estes días para dar cos mozos.

Son momentos duros para as dúas familias, que a só agardan que o mar lles devolva os corpos que levou aquela tarde de praia e amigos.

Noticias web

17/07/2020