CRTVG

Buscar

Moitos galegos cruzan a fronteira con Portugal na primeira fin de semana desde a reapertura

Publicado o 04/07/2020 14:48

Esta foi a primeira fin de semana coas fronteiras con Portugal abertas. Este sábado foron moitos os galegos e os portugueses que cruzaron a raia nun camiño que levaban meses soñando con volver facer. Había feira en Vilanova da Cerveira. O ambiente non era o que estamos acostumados a ver, pero si que atopamos moitos galegos que aproveitaron esta primeira fin de semana con liberdade de movementos para visitar os nosos veciños portugueses.

 

Noticias web

04/07/2020