Moitos comerciantes aproveitan agosto para pendurar o rótulo de "pechado por vacacións"
Está escrito. Estamos no epicentro do verán.
"Agosto..."
.
En Santiago hai barrios feitos un deserto de persianas metálicas que esconden teléfonos que ninguén colle...
Claro que outros seguen medio pendentes do móbil e non lles queda outra que abrir momentaneamente.
"Porque teño un mantemento cunha empresa e hoxe teñen un problema, así que, aínda que estea de vacacións, teño que solucionalo. Triste de vida de autónomo!".
Máquinas paradas nas instalacións deportivas municipais e xente que limpa como máquinas.
"Pecha quince días para facer limpeza a fondo e volver empezar."
Pecha todos os anos contra estas mesmas datas.
"Porque é cando menos usuarios hai, a xente está de vacacións."
Un quince de agosto que tradicionalmente serve de lanzadeira para as vacacións.
"Aquí en Santiago non queda ninguén e tamén hai que descansar."
E este mércores laborable tocaba despedirse da clientela.
"Aproveitamos a ponte e collemos doce días."
Os viandantes fíxanse nos carteis das vacacións. Os peregrinos do camiño portugués atopan case todo pechado.
"É unha mágoa para quen chega á cidade. A ver se diante hai algunha opción para o disfrute."
Non hai nada de pena na soidade da rúa, nin nas portas pechadas de quen escapou felizmente a descansar. E tampouco hai pena ningunha nos que aproveitan a tranquilidade para traballar a gusto.
"Decidimos vir pintar agora, xusto cando todo o mundo está de vacacións."
Cando case todo o mundo está de vacacións.