CRTVG

Buscar

Modifícase o formato das probas ABAU

Publicado o 26/03/2020 15:28

Imaxes coma estas, das probas de acceso á universidade, atrásanse, e mentres tanto aumentan os nervios e as dúbidas entre os estudantes afectados. Xorden noticias falsas, pero os alumnos non perderán o curso.

Modifícase o formato das probas para que sexan máis flexibles. Os alumnos terán máis opcións entre as que escoller para garantir que tratan de contidos traballados.

Mentres, os alumnos continúan estudando a través de aulas virtuais para sacar as probas adiante.

A primeira convocatoria da ABAU pasará a celebrarse entre o 22 de xuño e o 10 de xullo e a convocatoria extraordinaria atrasarase ata o 10 de setembro.

Noticias web

26/03/2020