CRTVG

Buscar

Moaña acolle o Campionato de España de traiñeiras, coa TVG en directo

Publicado o 02/08/2019 17:02

Esta fin de semana celébrase en Moaña o Campionato de España de traiñeiras, coas embarcacións vascas como principais favoritas. A TVG estará en directo o domingo nas finais. Santurtzi, Zierbena e Donostiarra, segunda, cuarta e quinta clasificadas na liga ACT. 

Meterse na final do domingo é o principal obxectivo para a frota galega comandada por Ares, Samertolameu e Tirán e entre as que non estará Cabo de Cruz.

En categoría feminina a favorita é Mecos-Coruxo, líder sólido da liga galega, na que gañou todas as probas. Tirán e o Náutico de Ribeira serán os seus rivais esta fin de semana. 

Noticias web

02/08/2019