CRTVG

Buscar

Mitsotakis abre un novo ciclo para a dereita en Grecia

Publicado o 08/07/2019 15:39

• Os conservadores de Nova Democracia logran a maioría absoluta

• O lento crecemto económico e a crise macedonia lastran a Tsipras

Había dez anos que en Grecia non había maioría absoluta. O conservador Mitsotakis desaloxa a Tsipras do goberno con case un 40 por cento dos sufraxios. Os 50 deputados extra que lle outorga o sistema electoral grego permitiranlle gobernar con comodidade. O novo primeiro ministro promete unha rebaixa fiscal á clase media e leva os réditos dos primeiros síntomas de crecemento, despois dunha longa etapa de recortes que castigaron a poboación.

Fillo do primeiro ministro dos anos 90, Kyriakos Mitsotakis, impónse nas eleccións gregas cunha vitoria contudente, e leva ao poder de novo aos conservadores de Nova Democracia. O partido, do grupo popular europeo, levaba anos castigado nas urnas tralo escandálo por falsear as contas do déficit na súa última etapa de goberno. Agora logra unha renovada maioría absoluta para a dereita no mesmo país que hai só catro anos desafiaba a Bruxelas cun NON contudente no referendo sobre terceiro rescate. Mitsotakis logrou ilusionar as clases medias coa promesa dunha rebaixa de impostos e beneficíase dun sistema electoral que lle outorga 50 deputados extra ao gañador e o que o deixa con 157 dos 300 escanos do parlamento.

Tsipras resiste cun 31% dos sufraxios

Tsipras saiu axiña a recoñecer a súa derrota e tamén que cometeu erros. Pero lembrou que recibiu o país en bancarrota e que o devolve con menos débeda e 7.000 millóns de fondos. Os axustes, as privatizacións, a austeridade castigaron a poboación durante esta etapa e tamén xogou en contra o acorco con Macedonia do norte. Mesmo así, acada un 31 por cento dos votos, só catro puntos menos dos que o levaron a poder en 2015.

O partido de Varoufakis consegue dez deputados

Catro puntos que son xusto cos que irrompe no Parlamento o seu célebre ex-ministro de finanzas. Yanis Varoufakis entra con dez deputados, E logra 22 Kinal, unha escisión do PASOK aliada cos socialdemócratas de Dimar que, non se descarta que acabe fusionando co Syriza se, como quere Tispras, a coalición se converte nun movemento máis amplo e trasnversal. Os comunistas do KKE logran 15 asentos e quedan fora do parlamento a extrea dereita de Amencer Dourado pero entran con dez escanos os ultras de Solución Grega.

Noticias web

08/07/2019