CRTVG

Buscar

Mitos sobre o consumo de chocolate: é realmente bo para a saúde?

Publicado o 13/09/2019 19:44

Pasou de ser un produto deostado polos que querían coidar a súa saúde a converterse nun dos chamados superalimentos. Entre os cidadáns, hai opinións diversas sobre o consumo de chocolate.

Os nutricionistas din que, polo xeral, o chocolate ten propiedades beneficiosas se contén cacao puro nunha porcentaxe alta, como mínimo un 50 ou 60%.

Áurea Casais, nutricionista: "Aumenta a circulación e ata moitos científicos din que é un activador neurolóxico. Cando estudamos, cando temos problemas de retención, un anaquiño de cacao é fantástico".

É saudable, ademais, para os nenos. Os expertos recomendan substituír os preparados solubles azucrados, habituais nos almorzos dos pequenos, por cacao puro en po.

Áurea Casais, nutricionista: "Unha culler pequena de cacao puro e, como é moi acedo, adozamos cunha culler pequena de mel. Facemos unha pastiña, despois botas unha culler de leite para diluír e, logo, o resto do leite e xa está".

Tamén hai mitos sobre o chocolate que carecen de base científica. Por exemplo, non existen estudos que confirmen que o chocolate substitúa o sexo. E ollo cos que teñen pouco cacao. A maioría están cargados de azucre e graxas prexudiciais. Consumir chocolate negro e con moderación é o máis recomendable.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019