CRTVG

Buscar

Minuto de silencio polo neno asasinado polo pai en Castelló

Publicado o 17/08/2020 16:14

Sucédense as mostras de condena despois de que un home acoitelara mortalmente o seu fillo de doce anos e deixara ferida a filla, de dez, en Cabanes, en Castelló. Os veciños desta localidade da Costa do Azahar manifestaron a súa repulsa cunha concentración e un minuto de silencio en memoria do neno falecido e en apoio á nena sobrevivente e a súa nai.

Os feitos sucederon na madrugada do sábado ao domingo na vivenda onde a familia, do municipio madrileño de Xetafe, pasaba as vacacións. Tras a agresión, o home suicidouse. A nena, de dez anos, permanece ingresada en estado grave no Hospital Xeral de Castellón, mentres que a nai dos cativos tivo que ser atendida por unha crise de ansiedade.

Noticias web

17/08/2020