CRTVG

Buscar

Ministros de Exteriores da Unión Europea e Asia reúnense en Madrid para apostar polo multilateralismo

Publicado o 16/12/2019 14:59

Ministros de Exteriores de Asia e Europa reúnense dende hoxe en Madrid para defender o multilateralismo.

O Rei inaugurou esta mañá este encontro Asia-Europa, un foro informal de diálogo e cooperación entre ambos continentes, en que participan 51 países, amais de representantes da ONU e da Unión Europea.

A décimo cuarta reunión deste encontro tamén contou coa participación do presidente do Goberno en funcións, que destacou a importancia de Asia como poder económico global en permanente innovación.

Noticias web

16/12/2019