CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas visitan o belén xigante de Viveiro

Publicado o 10/12/2019 21:04

Considerado o nacemento de tamaño natural máis grande en todo o ámbito estatal, o belén da Asociación de Amigos do Casco Vello de Viveiro ocupa unha superficie de máis de 2.000 metros cadrados. Conta cun cento de figuras a escala humana, boa parte delas autómatas, que cobran vida para representar diferentes oficios tradicionais.

José Manuel Blanco, secretario da Asociación de Amigos do Casco Vello de Viveiro: "Aínda que ten estas dimensións tan grandes, todo se desmonta en paneis planos e en pezas pequenas. Aí radica a dificultade da montaxe. Só as tres ou catro persoas que están directamente no proceso dende o seu inicio son capaces de levalo a cabo. Aínda que poñas o material á disposición doutras moitas persoas, non serían capaces de montalo porque as pezas non están nin numeradas. Móntanse porque se coñecen de antemán".

Este belén xigante renóvase ano tras ano. Nesta edición ampliouse con novos decorados e figuras coma as dos pastores ou as modistas. Dende que abriu as súas portas, xa pasaron polo nacemento milleiros de visitantes.

Situado nos arredores de Santa María do Campo, no centro de Viveiro, o belén permanecerá aberto ata mediados de xaneiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019