CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas saen á rúa na Noite Violeta para condenar a violencia machista

Publicado o 20/09/2019 21:31

En máis de 200 cidades de España celebran este venres  a Noite Violeta, unha iniciativa feminista que pretende iluminar as rúas e reinvindicalas como espazos seguros, onde as mulleres poidan moverse soas, a calquera hora, e sen medo a ser agredidas. A convocatoria partiu da Plataforma Feminista de Alacante e estendeuse con rapidez por toda España e por boa parte do mundo: en cidades como París, Lisboa ou Rosario, na Arxentina estase seguindo. Galicia tamén se sumou á iniciativa e a esta hora hai concentracións nas principais cidades galegas con milleiros de persoas na rúa. As mobilizacións pretenden ademais condenar a violencia machista e pedir máis medios para loitar contra ela.














 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019