CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas claman en Galicia pola igualdade entre mulleres e homes

Publicado o 09/03/2019 11:22

Estas manifestacións multitudinarias pecharon a xornada reivindicativa do 8-M, Día da Muller. Galicia e España clamaron nas rúas de toda a xeografía un berro único pola igualdade entre mulleres e homes.

Os actos sucedéronse ao longo de todo o día, pero foi á noitiña cando se visibilizou ese berro unánime nas rúas da nosa terra en manifestacións unitarias en moitísimos puntos da xeografía galega, con especial incidencia nas grandes cidades. 

Noticias web

09/03/2019