Milleiros de persoas asisten ao Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, un evento único
Publicado o 21/07/2019 21:40
Hai uns minutos remataba en Esteiro a gran final do Gran Premio de Carrilanas. Coches tradicionais feitos integramente de madeira e sen ningún tipo de propulsión máis que a propia forza da gravidade.
Unha competición que cada ano congrega máis público e que pretende rememorar un dos xogos máis populares entre os nenos de Galicia.
O que comezou como unha modesta competición de escudeirías de carrilanas vai camiño de converterse nunha demostración de habilidade sobre rodas e madeira.