CRTVG

Buscar

Miles de vendedores ambulantes desacatan a corentena en Lima

Publicado o 13/06/2020 12:06

As principais rúas de Lima foron o escenario dunha invasión de miles de vendedores ambulantes que desacataron a corentena decretada polo goberno peruano e provocaron enfrontamento coa Policía e os gardas municipais.

Moitos peruanos, así como inmigrantes venezolanos que non teñen traballo formal, viven do que gañan no día a día, e tras case 90 xornadas de confinamento saen das súas casas para buscar ingresos. O Perú é o segundo país de Latinoamérica e o oitavo do mundo con máis casos confirmados de coronavirus, con máis de 214.000 afectados e 6.000 mortos.

Noticias web

13/06/2020