CRTVG

Buscar

Miles de mexicanos invaden os comercios para comprar en previsión ao desabastecemento de combustible

Publicado o 13/01/2019 11:43

O corte da subministración de combustible por oleodutos para evitar que o rouben está causando problemas polas longas esperas en dez estados e na cidade de México. As estacións de servizo están sendo fornecidas por camións cisternas, o que provoca un desabastecemento da gasolina, sen data prevista para o seu remate. Este é o motivo de que miles de mexicanos se lanzaran esta fin de semana aos comercios bidóns en man para cargar os seus automóbiles e para adquirir produtos alimentarios, de limpeza e uso común. O goberno mexicano móstrase disposto a que este corte continúe ata que se controle o chamado "huachicoleo", roubo de combustible, que provoca 3.000 millóns de dolares de perdas anuais.

 

Noticias web

13/01/2019