CRTVG

Buscar

Mila Pereira: "Contra as enfermidades cardiovasculares: non fumar, camiñar e unha boa alimentación"

Publicado o 30/09/2019 10:27

Arranca a semana dedicada ás enfermidades de corazón, unha das primeiras causas de mortaldade do mundo. Mila Pereira, cardióloga no CHUS, visita o Bos días para falar destas enfermidades e de como evitalas.

"Estas enfermidades son a causa da morte de 17 millóns e medio de persoas no mundo. É a primeira causa de morte no noso país segundo o INE, con 120.000 mortes", asegura a cardióloga.

En canto aos malos hábitos, Mila Pereira di que "se nos sensibilizásemos todos, se o sentísemos como algo tan relevante e tan fácil de erradicar, a situación cambiaría porque deixar de fumar, camiñar, comer san... pódeo facer todo o mundo. Trátase de factores de risco perfectamente modificables. Insisto no tabaco porque aínda temos unha parte importante da poboación que fuma, en concreto un 23%, e é unha causa importante de mortaldade cardiovascular. É importante nas mulleres, onde ten unha incidencia máis nefasta, e na xente xove. E en canto á almentación, é tan sinxelo como volver á alimentación tradicional: produtos da terra, peixe... E evitar os alimentos ultraprocesados".

A cardióloga tamén fala sobre os malos hábitos dende pequenos: "A responsabilidade dos pais é educalos nunha vida sa. É importante porque teñen oportunidade de cambiar a sua vida e frear o camiño negativo".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019