CRTVG

Buscar

Mil tecedeiras comparten técnicas e patróns no VIII Encontro Multilabores

Publicado o 25/01/2020 20:54

As mans das palilleiras bailan a un ritmo compasado mentres crean delicadas pezas de encaixe. As agullas de gancho entrecrúzanse unha e outra vez para tecer unha peza de la contra o frío invernizo. Son os labores de toda a vida. Aínda perduran, pero precisan mans novas. "É traballoso de facer e logo o mantemento tamén é traballoso porque tes que andar coa plancha. A xente nova agora quere as cosas rápido, rápido, rápido". "Hai que ir cruzando os fíos e contando por arriba e por abaixo, por abaixo e por arriba. Ata que aprendes iso non sabes nada". "O complicado é non ter présa, tes que ter moita paciencia".

As présas están rifadas con estes labores tradicionais. Case todas as tecedeiras que participaron no encontro son galegas, pero tamén chegaron artesás desde Asturias e León. Aquí comparten sabiduría, técnicas e patróns. "Coñeces xente, ves labores doutras persoas que están fancedo gancho, palillos, patchwork... este ano hai moita variedade". "Eu tamén vou a macramé, tapices, teares..."

Mil pares de mans teceron asemade no oitavo encontro multilabores. A asociación cultural Terrameiga exerceu como anfitrioa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2020