CRTVG

Buscar

Miku estréase con gol no segundo amigable do Deportivo

Publicado o 30/09/2020 22:30

Imos co Deportivo, que esta tarde xogou en Riazor o seu segundo amigable da pretemporada ante o Arzúa.

No minuto 28, Lara aproveita un barullo na área para abrir a lata cunha volea colocada. No minuto 42 Keko Gontán recolle un balón na frontal e sorprende con este gran disparo cruzado. Só dous minutos despois, Héctor inicia un gontragolpe que acaba nos pés de Lara. O 10 deportivista recorta e asiste a Miku, que marca na súa estrea como co Deportivo. Xa na segunda metade, Borges empurra á rede unha prolongación na área para anotar o 4 a 0. Xa nos compases finais, gran xogada combinativa que acaba co gol de Yago Gandoy. O Dépor iniciará a liga dentro de dúas semanas.

Noticias web

30/09/2020