CRTVG

Buscar

Mike Daum estará seis semanas de baixa por unha rotura parcial de ligamentos no nocello

Publicado o 29/10/2020 13:03

O xogador do Monbus Obradoiro Mike Daum sofre unha escordadura de carácter importante con rotura parcial de ligamentos e edema óseo no nocello dereito, segundo determinaron as probas médicas realizadas no Hospital HM Rosaleda.

O aleiro obradoirista, que sufrira unha escordadura no nocello esquerdo, disputou o seu primeiro partido tras recuperarse desta lesión na pista do Herbalife Gran Canaria, pero torceu o nocello dereito tras caer sobre o pé dun xogador.

Noticias web

29/10/2020