CRTVG

Buscar

Miguel Pazos: "É importante que os grosistas de turismo estean na Rede, porque á xente gústalle viaxar pola súa conta"

Publicado o 26/09/2019 11:51

Internet cambia os hábitos de consumo dos turistas e xorden novas formas de comercialización de billetes, hoteis, coches e todo o necesario para viaxar.

Carmen Pérez conversa co director do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR) da USC, Miguel Pazos, sobre a adaptación que deben facer as empresas tendo en conta os cambios dos clientes.

"Cada vez hai máis xente á que lle gusta organizar a viaxe pola súa conta".

"É moi importante que os grosistas de turismo estean presentes nas redes sociais, na Rede, e que fagan canles de comercialización actuais, que se organicen e reciclen".

"A xente escapa de produtos estándar. Á xente gústalle diversificar e ser diferentes. En turismo tamén se quere personalizar e escapar de produtos pechados".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019