CRTVG

Buscar

Miguel Mirones: "Consensuamos uns protocolos para orientar os negocios dispoñibles nas diferentes fases"

Publicado o 12/05/2020 10:38

Moitos establecementos de hostalaría non abriron nesta primeira xornada da fase 1. Só un 10% en toda España, en boa medida por motivos económicos, ante o risco de perdas, e tamén pesou o descoñecemento dos protocolos a levar a cabo de protección contra coronavirus. Uns protocolos que son responsabilidade do Instituto para a Calidade do Turismo de España.

Miguel Mirones, presidente de Icte, sinala que "foi un proceso que foi un exemplo para o sector turístico". E engade: "Conseguimos consensuar nun tempo récord uns protocolos que permiten orientar os negocios dispoñibles para a apertura nas diferentes fases".

Miramontes presentou estes protocolos no consello de turismo da CEOE e confesa que tiveron "moi boa acollida. Incluso houbo sectores que non teñen que ver co turismo dunha maneira directa que se puxeron en contacto connosco para pedirnos que aplicásemos a nosa metodoloxía, por exemplo, no sector dos festivais".

Noticias web

12/05/2020