CRTVG

Buscar

Miguel Cardoso: "Imos facer un equipo competitivo, respectando a identidade do Celta"

Publicado o 13/11/2018 19:52

Miguel Cardoso, adestrador do R. C. Celta: "O que imos facer é crear un equipo competitivo, porque os equipos competitivos son os que gañan máis veces, e se gañas máis veces pásanche cousas boas. É moi importante que o adestrador saiba onde está, cal é a identidade do club onde está, e o Celta ten unha identidade propia. Miguel tamén é un adestrador que lle gusta o fútbol de control co balón. Güstanlle os equipos cunha organización moi forte, que saiban o que teñen que facer en cada momento do partido. E que teñan unha organización defensiva moi forte. Non imos xogar sempre 4-2-3-1, quizais algunhas veces, que é o que vai dar profundidade xa o veremos. Falamos (no verán), como falou outra xente. Pero o máis importante é que hoxe estou aquí cunha ilusión moi grande, o máis importante é que pase de hoxe en adiante".

Nin a prensa portuguesa do ramo recibe con excesivo aparato tipográfico a contratación de Cardoso, que leva catorce anos na faena máis, dos catorce, escasamente cinco no fútbol profesional. Aprofillado futbolisticamente por André Villas-Boas, ex do Chelsea e Tottenham, Cardoso chegou ao Porto co seleccionador portugués Fernando Santos engaiolado co número un da súa promoción no curso de adestradores. Licenciado en Educación Física e meritorio nos Belenenses, Braga, Sporting Portugal e mesmo o Deportivo da Coruña, onde fracasou con Domingos Paciencia no mes e medio que duraron ambos os dous. Logo no Shaktar ucraíno traballa na canteira partillando aos poucos a banqueta do primeiro equipo. De volta en Portugal triunfa ao levar o modesto Río Ave a clasificarse por vez primeira para a Europa League cun modelo gañador.

O premio do Río Ave sería a fichaxe polo Nantes francés, onde aguantou oito partidos cunha única victoria. O tempo dirá canto fútbol trae Cardoso a Vigo, porque, como dixo Albert Einstein, "nin todo o que existe se pode demostrar, nin todo o que se pode demostrar existe".

Noticias web

13/11/2018