CRTVG

Buscar

Michele Somma: "Eu remataría a Liga, pero agora hai cousas máis importantes"

Publicado o 26/03/2020 15:47

O central italiano recupérase da grave lesión que sufriu en febreiro

Nin a Federación nin a Liga queren dar a temporada por rematada. O Consello Superior de Deportes tampouco move peza algunha. Alarmas sanitarias, confinamentos.

Michele Somma di desde Italia que por el "remataría a Liga pero agora hai cousas máis importantes".

Que pase axiña este dramático escenario da vida que convive, ante o silencio das autoridades deportivas, coas incertezas de que vai pasar laboralmente, por exemplo, con aqueles que están cedidos nun club ou rematan o contrato o 30 de xuño.

Ninguén ten a resposta. Somma recupérase da súa lesión en Italia, un dos países máis castigados, epicentro dunha traxedia que converte agora en algo moi secundario o fútbol ou unha oferta de renovación. Somma teno claro: "Hai tempo para falar da renovación".

 

Noticias web

26/03/2020