CRTVG

Buscar

Messi resolve o derbi para o Barcelona ante o Español

Publicado o 30/03/2019 19:49

Valverde non quere confianzas. Saíu con todo no derbi ante o Español. E a historia do partido, tantas veces repetida, fala dun compromiso resolto por un Leo Messi que é todo un seguro de vida para o Barça. Custoulle ao líder impoñerse ante os de Rubi, que defenderon case sempre con acerto, renunciando, iso sí, a crear perigo ata que se víu en desvantaxe no marcador. Na primeira metade o balón foi blaugrana, pero sen demasiado ritmo e con poucas ocasións.

Un disparo desvíado de Rakitic, un envío cara á súa portería de Víctor Sánchez que provocou unha grande intervención de Diego López e un tiro cruzado de Messi, foron as opcións máis claras. Os primeiros minutos da segunda metade non ofreceron variacións. O Barça estaba atascado ante o entramado defensivo españolista. Valverde deulle entrada a Sergi Roberto e a Malcom, e o brasileiro meteulle unha marcha máis ao partido. Foi protagonista en varias accións de ataque.

Pero estaba escrito que para resolver o encontro tiña que aparecer Messi. No minuto 71, forzou unha falta ao borde da área cometida por un pouco afortumnado Víctor Sánchez. E é que o capitan perico recúou no momento do lanzamento axudando a que o balón acabara no fondo das mallas da portería dun Diego López quizáis estorbado polo seu compañeiro. O caso é que Messi lograba así abrir a lata, co seu sexto gol de falta esta temporada. 34 en total coa camiseta barcelonista desde o seu debut.

Tocáballe reaccionar ao Español. Xa con Wu Lei no campo, substituto dun Borja Iglesias a quen hoxe lle tocou traballar moito sen brillo, tivo algunha aproximación, pero sen crear oportunidades de verdadeiro perigo. E o Barça sentenciou á contra. Malcom foi o asistente, e Messi o executor. No minuto 89 chegaba ese definitivo cero a dous. Gol 31 na liga do crack arxentino. 41 en total en todas as competicións esta temporada. E un fito máis para él. Empata con Casillas como o futbolista con máis triunfos na historia da liga. 334. E o seu equipo que segue descontando xornadas para facerse co título.

Noticias web

30/03/2019