CRTVG

Buscar

Merkel urxe a aprobar o fondo europeo de recuperación antes de agosto

Publicado o 08/07/2020 20:52

Di Merkel que nunha situación extraordinaria Alemaña apoia a mobilización extraordinaria de 750.000 millóns de euros dese fondo. Di que cómpre acadar un acordo rápido entre os 27 socios da UE. Non se pode perder máis tempo, insistiu a chanceler diante dos europarlamentarios.

Pero logo desa visita á Eurocámara, vímola entrar aquí, na sede da Comisión Europea, para continuar as negociacións cas altas autoridades comunitarias

A unha semana do cumio, o primeiro cara a cara entre os líderes europeos logo da pandemia, Merkel insiste en que o acordo debe chegar antes de agosto. Mete máis presión aos seus aliados tradicionais, a Autria e aos Países Baixos, que seguen rexeitando miles de millóns de euros en transferencias cara a España e Italia.

Noticias web

08/07/2020

Máis sobre actualidade