CRTVG

Buscar

Malestar en Vilagarcía polos cambios no feirón, que deixa de ser zona peonil

Publicado o 27/06/2020 17:33

Malestar en Vilagarcía polos cambios no feirón, xa que unha das arterias próximas á praza de abastos que se adoitaba peonalizar os días de feira, agora ten tráfico e mesmo un carril bici. Os ambulantes temen pola súa seguridade e a dos clientes.

Toda esta vía diante da porta pirncipal do mercado de Vilagarcía estaba destinada ao mercado tanto os sábados como os martes. Agora os ambulantes só poden usar a metade xa que o concello puxo un carril bici e abriu á circulación a rúa. Os ambulantes, os comerciantes do mercado de abastos e moitos veciños de Vilagarcía están en contra desta medida, xa que temen pola seguridade de todos.

Favorecer a circulación noutros puntos da cidade e facilitar que se cumpran as distancias de seguridade son algunhas das explicacións destas medidas que case ninguén entende porque noutro punto do mercado os ambulantes seguen costas con costas e os espazos de seguridade son mínimos.

Noticias web

27/06/2020