CRTVG

Buscar

Merca plantas de sandías e nácenlle cabaciñas xigantes

Publicado o 12/09/2019 21:40

É a historia de José Couso, un veciño da Zapateira, na Coruña. Pensou que mercara plantas de sandía, pero cando comezaron a nacer os froitos atopouse con cabaciñas xigantes, de máis de 20 quilos. Agora quere volver mercalas pero ninguén sabe de que variedade se trata.

José Couso mide unha das súas cabaciñas: "65 cm e pesa máis de 20 quilos. Xa tiven outro que media case dous metros", asegura José. Aínda lle custa crelo porque realmente, el mercou sandías. Conta que pediu plantas de sandía e déronlle as que, posteriormente, medrarían como cabaciñas xigantes. Dí que son riquísimas, "pura manteiga", e que fan  unha crema de cabaciña excelente.

Tan rica lle pareceu que pensou en comprar máis pero nin ten semente nin na tenda souberon dicirlle como conseguila.

"Dixéronme que me ían cobrar mais por darme uns froitos tan grandes", ri Jose, pero o certo é que non saben de qué variedade se trata porque a eles xa lles viñeron como sandías.

De momento, José Couso desfruta co que ten gardado no conxelador, repartindo con veciños e familiares. Tampouco sabe se é un caso único.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019