CRTVG

Buscar

Mensaxe de Aspas aos veciños de Moaña a través de Protección Civil

Publicado o 03/04/2020 11:24

• Aspas: "Temos que demostrar que sempre fomos un pobo loitador"

Para que as mensaxes cheguen con forza, nada mellor que botar man dunha voz coñecida e en Moaña escolleron a Iago Aspas.

A través da megafonía, os membros de Protección Civil en Moaña difundiron a voz de Aspas polas rúas da vila.

Mensaxe de ánimo para os seus veciños nesta loita contra o coronavirus e sobre todo insistir. Agora mesmo, toca quedar na casa.

 

 

Noticias web

03/04/2020