CRTVG

Buscar

Membros da Brilat axudan a desinfectar varias residencias de maiores

Publicado o 29/03/2020 21:46

Este é o interior da residencia de Aldán, Cangas, desinfectada pola Brilat, a Brigada Lixeira Aerotransportable, que ten a súa sede en Pontevedra. Esta residencia, xestionada por DomusVi, era un dos focos do coronavirus en Galicia; durante a semana detectáronse oito positivos.

O edificio limpouse integralmente. Nel residen 150 maiores. Garda Civil e Policía Local acompañaron a brigada de Pontevedra. Paralelamente aos traballos de limpeza, varios efectivos sanitarios realizaron tests de detección de covid-19 a traballadores e a residentes. Tamén o domingo varias patrullas desinfectaron outras dúas residencias, a de Vilaboa e a de Bembrive.

Noticias web

29/03/2020