CRTVG

Buscar

Mellora a situación noutros incendios rexistrados en Galicia

Publicado o 09/08/2020 15:53

Mellora a situación noutros incendios rexistrados en Galicia nas últimas horas. En Toén xa está controlado o incendio que arrasou 250 hectáreas.

Despois do de Lobios, este foi o de maior magnitude dos rexistrados na provincia de Ourense, onde en total arderon máis de 700 hectáreas, sumando tamén os de Muíños, Lobeira e Chandrexa de Queixa. Xa foron extinguidos os incendios de Navia de Suarna, en Lugo, con 92 hectáreas queimadas, e o de Lousame, na Coruña, que afectou algo máis de 50 hectáreas.

Noticias web

09/08/2020