CRTVG

Buscar

Mellora a confianza dos españois na economía

Publicado o 06/07/2020 19:21
Mellora a confianza dos españois na economía

A confianza dos consumidores na economía española mellorou en xuño. Esta evolución prodúcese grazas á mellora das expectativas de futuro. Porén, o ton continúa a ser pesimista.

Segundo os datos do CIS, o índice de confianza do consumidor situouse nos 60,7 puntos, case oito por riba do rexistrado en maio. Así e todo, aínda queda lonxe dos cen puntos que marcan a diferenza entre a percepción positiva e a negativa.

O Centro de Investigacións Sociolóxicas lembra que en xuño, cando se fixo a medición, aínda estaba vixente o estado de alarma.

Noticias web

06/07/2020