CRTVG

Buscar

Medra a preocupación pola violencia sexual que se detecta nas redes sociais

Publicado o 02/05/2019 16:32

En Galicia crece a preocupación pola violencia sexual que se detecta no uso das redes sociais por parte dos rapaces. É unha das reflexións que fixo no Parlamento a secretaria xeral de Igualdade, que fixo entrega do Informe correspondente ao ano 2017.

Susana López Abella fixo entrega ó presidente do Parlamento do Infome sobre Violencia Machista correspondente ó ano 2017. Un documento que recolle o asasinato de 3 mulleres a mans das súas parellas. Ningunha delas presentara denuncia previa.

Houbo ademais 6.500 denuncias por malostratos, 100 máis ca en 2017. Algo que interpreta a secretaria xeral de Igualdade como unha nota de máis sensibilizacion. Bota de menos, sen embargo, que todos tomemos nota da violencia que se detecta nas redes sociais, tamén entre os máis novos

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/05/2019