CRTVG

Buscar

Medra a ocupación das casas rurais galegas este verán

Publicado o 03/09/2019 20:13

As casas de turismo rural galegas alcanzaron unha ocupación do 43% este verán. Trátase de catro puntos máis con respecto ao ano pasado. Os datos despréndense do último informe elaborado polo portal Escapada Rural.

De todo o verán, os mellores datos de reservas foron durante a ponte festiva do 15 de agosto. Nese caso, a ocupación nas casas de turismo rural de Galicia chegou ao 64%.

Galicia sitúase entre as comunidades onde máis medrou esta opción de turismo, que busca destinos máis tranquilos e rodeados de natureza.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2019