CRTVG

Buscar

Medra a contratación de seguros de vida e saúde e diminúen os de vehículos pola pandemia

Publicado o 23/11/2020 20:35

A facturación do sector seguros caeu máis dun 10 por cento no que vai de ano. Unha caída que non foi maior grazas ao crecemento na demanda dalgunhas coberturas.

O freo da actividade económica afectou os seguros como os de automoción, cunha lixeira caída, pero moito menor do que podía facer pensar o descenso na compra de vehículos. As aseguradoras tamén teñen que dar resposta á problemáica creada polas restricións que sofren moitos pequenos negocios.

Nesta época de pasar tanto tempo na casa chama tamén a atención que medraron un 3 por cento os seguros para protexer os nosos fogares. Tamén gañaron mercado, ampliando as súas coberturas, os seguros de viaxe ou os ciberseguros.

Noticias web

23/11/2020