CRTVG

Buscar

Medio Rural porá en marcha unha campaña para concienciar sobre os incendios

Publicado o 16/01/2019 21:42

Nás últimas dúas semanas arderon en Galicia máis de 600 hectáreas. O 90 por cento foron incendios intencionados que comezaron en varios focos ou zonas de difícil acceso ao caer a noite cando xa non podían actuar os medios aéreos. A maioría deste lumes aconteceron nunha ducia de concellos da provincia de Ourense. O conselleiro do Medio Rural pediulles aos rexedores destas zonas que colaboren con eles nunha campaña de concienciación para que os veciños denuncien este tipo de delitos.

Percorrerán aldea por aldeas con axentes do sevizo contraincendios e tamén con membros dos corpos de seguridade informando a cidadanía e pedindo a súa implicación.

Para facilitar as denuncias, Medio Rural porá en marcha, antes do período de máximo risco, dun teléfono en que informar de xeito anómimo condutas incendiarias. O obxectivo, reunir probas para condenar os que lle prenden lume ao monte e facerlles pagar o custo dos seus actos. Sufocar os incendios dos últimos días ascendeu a máis de 200.000 euros.

González anunciou, ademais, na loita contra o lume, a aposta por proxectos de gandería extensiva no Macizo ourensán dentro do plan de pastoreo dotado con 800.000 euros.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2019