CRTVG

Buscar

Medio millón de hectáreas queimadas nos incendios de California

Publicado o 26/08/2020 16:44

O lume que arrasa California semella imparable e o tempo non axuda. Para as próximas horas están previstas máis tormentas secas como as que causaron os incendios e vento moi forte. 

A pesar dos esforzos dos máis de 13.000 bombeiros, entre os que se contan centos de reclusos que traballan en primeira liña para reducir a condena, o lume non dá tregua. Hai xa sete mortos e milleiros de persoas evacuadas.

O desprazamento do fume cara aos centros das cidades preocupa agora os habitantes de San Francisco e San José, que temen que esta situación agrave ademais o avance da pandemia da covid-19.

 

Noticias web

26/08/2020