CRTVG

Buscar

Medio cento de concellos galegos en alerta máxima pola incidencia do virus

Publicado o 01/11/2020 18:14

Con esta situación, aumentan o número de concellos en nivel de alerta máxima pola incidencia do virus. Son xa medio cento este domingo. O municipio coruñés de Cerceda e o pontevedrés de Poio volven poñerse en vermello, despois de que onte reduciran o nivel de alerta.

Tamén O Grove, Moaña e Tomiño, na provincia de Pontevedra, pasan a estar en alerta máxima tralos positivos detectados nos últimos días.

En Lugo, só Viveiro sobe hoxe a nivel vermello. En canto aos municipios que abandonan este domingo a alerta máxima, só hai un, o de Boqueixón, que pasa a alerta laranxa.

Noticias web

01/11/2020