CRTVG

Buscar

Medidas adoptadas en Galicia o 12 de marzo #Coidémonos

Publicado o 12/03/2020 19:52

O xoves 12 de marzo adóptanse novas medidas en Galicia para facer fronte ao coronavirus.

Suspéndense as clases en todos os centros educativos a partir do luns 16 de marzo, aínda que se recomenda que o alumnado non vaia ás aulas o venres 13 de marzo.

Pechan todos os centros sociocomunitarios e establécese que só haxa 50 persoas como máximo en espazos pechados.