CRTVG

Buscar

Médicos do Mundo advirte de que a prostitución é unha forma máis de violencia de xénero

Publicado o 23/09/2019 16:14

A maioría das prostitutas non exercen de forma voluntaria, senón obrigadas ou por supervivencia, segundo a organización humanitaria Médicos do Mundo, que acaba de lanzar unha campaña para concenciar a sociedade de que rexeite e denuncie o consumo de prostitución.

Celia López, presidenta de Médicos do Mundo en Galicia: "Non se está pagando por sexo, iso non é sexo. Iso é violencia de xénero. Facerlles ver que moitas desas mulleres están ou estiveron en situación de tráfico de persoas, ou senón están nunha situación desesperada".

Segundo Médicos do Mundo, só 7% das prostitutas que exercen en España son españolas. O resto proceden de países moi empobrecidos. A ONG atendeu o ano pasado en Galicia máis de 600 prostitutas, e moitas traballaban obrigadas. 

Celia López, presidenta de Médicos do Mundo en Galicia: "Desas seiscentas e pico, 136 teñen indicios claros de situación de tráfico con fins de explotación sexual, pero é moi difícil demostralo, por medo ás redes...".

Só puideron demostrar dous casoso. Para a organizacion, prostitución e tráfico están estreitamente ligadas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019