CRTVG

Buscar

Nace a Asemblea de Áreas Sanitarias tras a ruptura da coordinadora de médicos de Atención Primaria

Publicado o 26/04/2019 08:56

A coordinadora de médicos de Atención Primaria rompe. A desconvocatoria por parte do comité de folga do paro previsto para principios de abril abriu unha fenda que se puxo de manifesto nunha xuntanza celebrada onte en Santiago.

Médicos de Primaria decidiron descolgarse da coordinadora e crear un movemento novo. A Asemblea de Áreas Sanitarias nace á marxe de sindicatos e de organizacións doutro tipo. E isto ocorre na véspera da xuntanza que hoxe manterán representantes dos distintos coletivos co Sergas para intentar avanzar nas demandas do sector.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019