CRTVG

Buscar

May volve a Bruxelas reforzada para renegociar o 'brexit'

Publicado o 13/12/2018 11:10

Dixera que ía poñer sobre a mesa todo o que tiña e xogou a baza do seu propio liderado. Para salvar a pantalla da proba parlamentaria de onte, Theresa May tivo que comprometerse ante os máis reticentes do seu partido a non ser a candidada dos tories nas próximas eleccións internas. No reconto da votación, conseguía a adhesión de 200 deputados fronte a 117 votos en contra. Un exercicio de lealdade por parte de moitos compañeiros, algúns deles críticos, e ante unha oposición que lles lembra que non hai maioría para aprobar o actual acordo do 'brexit' asinado con Bruxelas.
Juncker insiste en que é o mellor e o único acordo posible. Pero a Unión Europea abre un pouco a man e accede a incluir clarificacións nos puntos máis conflivos do tratado.
Ten que haber cambios se é que queren conseguir o noso apoio e o da maioría da cámara, dinlle os deputados unionistas do Ultser, preocupados polo acordo sobre a fronteira irlandesa. O líder dos rebeldes euroescépticos do partido conservador, Jacob Rees Mogg, segue a pedir, a cada ocasión, a dimisión da primeira ministra que, destaca a prensa británica, logra sobrevivir unha vez máis.

Noticias web

13/12/2018