CRTVG

Buscar

May prepárase para o cumio que decidirá a prórroga do 'brexit'

Publicado o 09/04/2019 21:01

Ninguén quere un brexit desordenado, pero tampouco un proceso de saída que se dilate no tempo. Teresa May pediu unha nova prórroga. Ata o 30 de xuño, cando faltan tres días para que venza o prazo da anterior.

Os líderes dos 27 países que seguirán na UE reuniranse este mércores e pediranlle a May un plan concreto, algo que garanta que o Parlamento británico vai ratificar, antes das eleccións do 22 de maio, o acordo de saída. So así lle concederan esa nova prórroga.

Teresa May buscou este martes o apoio de Alemaña e Francia, os dous gobernos que aparentemente representan as posturas mais extremas no Consello de Europa. Pero recibiu de ambos a mesma resposta: calquera extensión da data do brexit implicará novas condicións.

A maioría cre que só un acordo entre Theresa May e o líder da oposición, Jeremy Corbyn, evitaría un divorcio pola brava. O cumio europeo comezará as 6 da tarde, despois de escoitar se a primeira ministra británica foi quen de conseguir esa última baza.

 

Noticias web

09/04/2019