CRTVG

Buscar

May pídelle axuda a Corbyn para renegociar coa UE

Publicado o 03/04/2019 07:52

"Necesitaremos unha nova extensión do artigo 50, o máis curta posible, e que remataría en canto acadásemos un acordo". Así de solemne comparececía Theresa May despois dunha reunión longuísima do Goberno en Downing Street, que, no medio de fortes disensións internas, decidiu pedir a colaboración dos laboristas para renegociar con Bruxelas unha prórroga curta que permita aos británicos quedar á marxe das elección europeas de Maio.

"O máis importante é que non rompamos pola brava a semana que vén sen ningún tipo de acordo", declaraba Corbyn, que recollía a luva da primeira ministra e se amosa disposto a negociar. Os termos haberá que velos, porque Corbyn amosouse ata aghora partidario dun brexit suave que manteña a unión aduaneira para evitar problemas na fronteira irlandesa, a parte que máis solivianta os conservadores euroescépticos, que por outra parte, asistiron tamén no parlamento ao continuado fracasado das propostas que lles son máis afins.

Na Unión Europea hai sinais de que a paciencia se esgota. Macron advirte que a prórroga da que May fala non ten nada de evidente nin de automática. E vén dicir que a Unión Europea non pode estar permanentemente agardando a que o Reino Unido solucione a súa crise política. O negociador, Michel Banier, pide paciencia mentres comezan a alzarse voces pedindo razóns para adiar a saída: como unhas eleccións, un referendo ou un acordo entre Goberno e oposición que ofreza garantías a Europa. Este ulltima opción, semella, vai ser por onde empece o enésimo intento por saír do bucle.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/04/2019