CRTVG

Buscar

May asegura que España "non conseguiu o que quería" respecto a Xibraltar

Publicado o 26/11/2018 18:09
May asegura que España "non conseguiu o que quería" respecto a Xibraltar

A primera ministra británica, Theresa May, afirmou hoxe que España "non conseguiu o que quería respecto a Xibraltar", en referencia á modificación do artigo 184 do acordo do "brexit".

Nunha comparecencia na Cámara dos Comúns, a 'premier' conservadora agradeceu o traballo feito polo ministro principal de Xibraltar, Fabian Picardo, e asegurou que o Reino Unido "non abandonou a Rocha", única colonia en chan europeo.

O acordo do 'brexit' recibiu onte o visto e prace do Consello Europeo despois de que España levantara o su veto ao facer O Reino Unido unha interpretación por escrito do citado artigo que convenceu ao presidente do Gobierno español, Pedro Sánchez, das garantías que reclamaba respecto a Xibraltar.

"Traballamos estreitamente cos gobernos de España e Xibraltar", asegurou a primeira ministra, que salientou que a Rocha "está cubierta por todo o acordo de saída e o período de implementación" do 'brexit'. "Para as relacións futuras, o Gobierno británico negociará por toda a familia do Reino Unido, incluíndo Xibraltar", insistiu.

Noticias web

26/11/2018